jueves, 31 de enero de 2013

O envalse das conchas (Muiños) contaminado

O verán pasado podíase comprobar coa propia vista como o envalse das conchas (Muiños) estaba afectado pola contaminación o atoparse cheo de algas e desprender un mal cheiro.

Os alcaldes da zona discutían sobre que medidas tomar para solucionar isto, pero a contaminación das augas durou máis de dous anos ocasionando graves consecuencias para as xentes da zona.

Reduciuse o turismo, ao non poder bañarse no encoro xa que podía producir danos para a saúde, e polo tanto nos bares da zona producíronse perdas económicas.
O lugar onde máis se producíron estás perdas foi no campamento de verán situado en muiños, onde todos os anos van rapaces a pasar as vacacións e mentras o río estivo contaminado reducíronse en gran número as plazas ocupadas, aínda que baixaron moito os prezos de dito campamento.
E por outro lado tamén se produciu a morte de númerosos peixes.

Finalmente no ano 2012, tras limpar as augas volveu estar permitido bañarse nelas.
- Esperemos que non volva suceder -

No hay comentarios:

Publicar un comentario