jueves, 20 de diciembre de 2012

Proceso do desxeo

Desde fai moitos anos non se sabe certo porque na nosa terra se produce desxeo xa que existen moitos  factores que condicionan isto.
Pero estas dúbidas solucionaronse cando se publican dous traballos, na revista Science.
Estes traballos foron levados a cabo por numerosos científicos que estududaron o terreo, o grosor do xeo...
E tras isto chegouse a conclución de que tanto a Antártida como Groenlandia perden xeo de forma progresiva podendo chegar a producirse o desxeo completo.


Algúns dos investigadores consideran que a causa da perda do xeo e debida a interacción das augas oceánicas, cada vez máis calidas, coa base das láminas de xeo polar.
A consecuencia negativa disto é que o fundirse o xeo as augas aumentan o seu nivel ocupando os continente e polo tanto reducindo o terreo.

                                                                                                 Información:  El País 10.11.2012

viernes, 30 de noviembre de 2012

Os estragos da central nuclear de Fukushima

Fai 17 meses a central nuclear de Fukushima, Xapón, sufriu un accidente a causa do terremoto e do tsunamia que tiveron lugar na cidade en marzo do 2011. Esto ocasionou grandes nivel de radiación e polo tanto moita contaminación.

Despois de facer varios estudios, en Outubro do 2012 descubriuse que os peixes da zona seguen sen ser comestibles debido a radioactividade.
O investigador Ken Buesseler di que isto pode deberse a unha fuga da central ou a sedimentos mariños contaminados.
Finalmente, descubriuse que estes peixes posuen na súa pel e músculos grades cantidades de cesio vertidos pola central, igual que o comezo da crise.


Por esta razón, Buesseler xunto con Mitsuo Uematsu deciden realizar unha investigación na central para poder solucionar estes desaxustes e que a cadena alimentaria do ecosistema mariño non continue contaminada.


Para saber máis pinche nesta páxina : http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/10/26/actualidad/1351244056_948214.html

viernes, 23 de noviembre de 2012

O efecto negativo do alumeado nas cidades

Na cidade de Valencia non se poden ver as estrelas, e sabedes cal é a causa ?
A contaminación lumínica da cidade, convertendose así na cidade con máis contaminación lumínica do noso país.
As farolas globo postas pola alcaldesa, Rita Barverá, alumean cara o ceo e isto fai que sexa imposible a visión das estrelas, ademáis de non cumprir a lexislación vixente.
Outra das causas negativas disto é que provan grandes perdas económicas, xa que este servizo ascende os 17 millons de euros e a conservación e renovación do alumeado ata os 73 millóns.
Como dixen antes, Valencia é a cidade con máis contaminación lumínica e a mostra disto amosase nos datos que din que cada Valenciano consume por término medio 133 kilovatios, unha cantidade moi superior a media.


Non credes que isto debería ser revisado? senón é así o noso país sempre se verá afectado pola contaminación.

Para obter máis datos visitar a seguinte páxina : http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/07/26/valencia/1343331941_828003.html

Medidas contra a contaminación por parte dos Asturianos

Catro municipios Asturianos chegaron o acordo para levar o control da contaminación do medio ambiente da súa zona.
Estes acordaron unha serie de medidas entre as que destacan as seguintes :


  1. Estudiarán o impacto ambiental das industrias contaminantes e solicitarán a ampliación da zona da atmósfera contaminada.
  2. Terán que controlar a contaminación atmosférica da súa comarca e veranse obrigados a previr e correxir aquelas situacións que poidan afectar o aire , o solo ou a auga do medio ambiente natural.
  3. Nos locais outorgados por Avilés promoverán actuacións conxuntas na defensa do medio ambiente.

Finalmente, estos municipios piden a Administración que se amplie a zona de atmósfera contaminada para poder aplicar estas medidas as empresas causantes da degradación do medio ambiente da zona.

Obteráse máis información no seguinte enlace: http://elpais.com/diario/1982/11/10/espana/405730828_850215.html

jueves, 22 de noviembre de 2012

Nixeria,afectada pola contaminación

O petróleo segue tendo consecuencias negativas en moitos países do mundo.
Nun pobo de Nixeria atopáronse xacementos de petróleo  que a multinaconal angloholandesa Shell leva explotando durante moitos anos, isto impediu que os habitantes do pobo finalizasen a súa descolonización.

Por fin na actualidade, catro pescadores nixerianos conseguiron que se investigara o seu caso.
Fai un ano a ONU publicou un informe, que será de gran utilidade para o xuízo establecido contra a multinacional Shell, nel amósansenos os seguintes datos :

  • O río Nixer situado o lado da explotación petroleira sufre unha gran contaminación que levara moito tempo e moitos cartos para conseguir eliminala.
  •  A auga potable está contaminada
  • Os solos xa non son fértiles
  • Non hai pesca
  • E por último as enfermidades son habituais



As tribus da zona levan décadas protestando sobre estes aspectos negativos que trouxo con sigo a explotación destes xacementos, esperase que agora obteñan vos resultados.


Para coñecer máis información consulte está páxina : http://elpais.com/elpais/2012/10/14/opinion/1350240946_351125.html

viernes, 26 de octubre de 2012

Contaminación na nosa comunidade.

O barco Prestige que en novembro de 2002 se afundiu fronte as costas galegas vertendo grandes cantidades de combustible, provocou unha gran contaminación nesta comunidade. Esta contaminación seguiu aumentando nos seguintes meses no só por causa do Prestige senón tamén a causa dos incendios forestais que sufriu Galicia.  


. As consecuencias negativas que tivo o Prestige foron as siguientes:  

   - A pérdida de combustible podía xenerar bronquitis química, dermatitis e queimaduras.

- E aos animais afectoulles gravemente, xa que aves e peixes morreron. As aves morreron debido a que o combustible verteuse sobre as súas plumas e anulou o seu efecto térmico e impermeabilizante, o que lles produciu hipotermia e mermou a súa flotabilidade.
E por outro lado, o combustible ademáis de afectar os peixes tamén afectou o zooplanctón do que se alimentan, destruindoo. Esto produciuise porque o osíxeno non podía traspasar con normalidad a agua debido as manchas de combustible.  



viernes, 5 de octubre de 2012

- Durante este curso intentaremos explicar as causas e os efectos da contaminación no noso planeta, esperamos que vos guste :
   


O vidio foi creado por : Noelia León Rodríguez