viernes, 30 de noviembre de 2012

Os estragos da central nuclear de Fukushima

Fai 17 meses a central nuclear de Fukushima, Xapón, sufriu un accidente a causa do terremoto e do tsunamia que tiveron lugar na cidade en marzo do 2011. Esto ocasionou grandes nivel de radiación e polo tanto moita contaminación.

Despois de facer varios estudios, en Outubro do 2012 descubriuse que os peixes da zona seguen sen ser comestibles debido a radioactividade.
O investigador Ken Buesseler di que isto pode deberse a unha fuga da central ou a sedimentos mariños contaminados.
Finalmente, descubriuse que estes peixes posuen na súa pel e músculos grades cantidades de cesio vertidos pola central, igual que o comezo da crise.


Por esta razón, Buesseler xunto con Mitsuo Uematsu deciden realizar unha investigación na central para poder solucionar estes desaxustes e que a cadena alimentaria do ecosistema mariño non continue contaminada.


Para saber máis pinche nesta páxina : http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/10/26/actualidad/1351244056_948214.html

viernes, 23 de noviembre de 2012

O efecto negativo do alumeado nas cidades

Na cidade de Valencia non se poden ver as estrelas, e sabedes cal é a causa ?
A contaminación lumínica da cidade, convertendose así na cidade con máis contaminación lumínica do noso país.
As farolas globo postas pola alcaldesa, Rita Barverá, alumean cara o ceo e isto fai que sexa imposible a visión das estrelas, ademáis de non cumprir a lexislación vixente.
Outra das causas negativas disto é que provan grandes perdas económicas, xa que este servizo ascende os 17 millons de euros e a conservación e renovación do alumeado ata os 73 millóns.
Como dixen antes, Valencia é a cidade con máis contaminación lumínica e a mostra disto amosase nos datos que din que cada Valenciano consume por término medio 133 kilovatios, unha cantidade moi superior a media.


Non credes que isto debería ser revisado? senón é así o noso país sempre se verá afectado pola contaminación.

Para obter máis datos visitar a seguinte páxina : http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/07/26/valencia/1343331941_828003.html

Medidas contra a contaminación por parte dos Asturianos

Catro municipios Asturianos chegaron o acordo para levar o control da contaminación do medio ambiente da súa zona.
Estes acordaron unha serie de medidas entre as que destacan as seguintes :


  1. Estudiarán o impacto ambiental das industrias contaminantes e solicitarán a ampliación da zona da atmósfera contaminada.
  2. Terán que controlar a contaminación atmosférica da súa comarca e veranse obrigados a previr e correxir aquelas situacións que poidan afectar o aire , o solo ou a auga do medio ambiente natural.
  3. Nos locais outorgados por Avilés promoverán actuacións conxuntas na defensa do medio ambiente.

Finalmente, estos municipios piden a Administración que se amplie a zona de atmósfera contaminada para poder aplicar estas medidas as empresas causantes da degradación do medio ambiente da zona.

Obteráse máis información no seguinte enlace: http://elpais.com/diario/1982/11/10/espana/405730828_850215.html

jueves, 22 de noviembre de 2012

Nixeria,afectada pola contaminación

O petróleo segue tendo consecuencias negativas en moitos países do mundo.
Nun pobo de Nixeria atopáronse xacementos de petróleo  que a multinaconal angloholandesa Shell leva explotando durante moitos anos, isto impediu que os habitantes do pobo finalizasen a súa descolonización.

Por fin na actualidade, catro pescadores nixerianos conseguiron que se investigara o seu caso.
Fai un ano a ONU publicou un informe, que será de gran utilidade para o xuízo establecido contra a multinacional Shell, nel amósansenos os seguintes datos :

  • O río Nixer situado o lado da explotación petroleira sufre unha gran contaminación que levara moito tempo e moitos cartos para conseguir eliminala.
  •  A auga potable está contaminada
  • Os solos xa non son fértiles
  • Non hai pesca
  • E por último as enfermidades son habituais



As tribus da zona levan décadas protestando sobre estes aspectos negativos que trouxo con sigo a explotación destes xacementos, esperase que agora obteñan vos resultados.


Para coñecer máis información consulte está páxina : http://elpais.com/elpais/2012/10/14/opinion/1350240946_351125.html