viernes, 11 de enero de 2013

A nosa provincia tamén se ve afectada pola contaminación

A nosa propia cidade - Ourense - está contaminada ambientalmente.
En Outubro do pasado ano a calidade do aire disminui a causa da gran cantidade de incendios que estaban a ocorrer, rexistrouse unha concentración media de PM10(contaminante procedente da combustión durante os incendios forestais) de máis de 123 microgramos por metro cúbico ata alcanzar incluso 151.

Nestas situacións existen dous niveis de emerxencias:
- Limiar de atención ( Actívase cando a concentración supera os 120 microgramos por metro cúbico)
- Limiar de alerta ( Actívase cando a concentración supera os 150 microgramos por metro cúbico)


Ambas dúas superáronse, pero non foron activadas na cidade de Ourense. A administración non considerou que se poducise un nivel de alerta suficiente, xa que os niveis non se conservaron durante 24h.
Pero en cambio si foi activada en Laza e en Verin, sen embargo os niveis do aire de ambas comarcas tampouco permaneceran estables durante todo día.
Os expertos consideran que este aire é altamente prexudicial para as persoas xa que pode ocasionar enfermidades respiratorias e aconsellan que se tomen medidas.

Para máis información : http://elpais.com/diario/2011/10/19/galicia/1319019491_850215.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario