viernes, 1 de febrero de 2013

A vía láctea desapareceu?

Os catrocentos millóns de persoas que viven en Europa non teñen a posibilidade de ver a vía láctea. En cambio os nosos antepasados si que podían facelo, esto débese a contaminación lúminica.

Tras a segunda guerra mundial esta contaminación viuse incrementada, a consecuencia do enrriquecemento dos distintos paises. Os países con máis economía demostrárono aumentando o número de redes electricas, España incorporouse a esta moda fai pouco.

A contaminación lumínica supón unha perda cultural e paisaxística, afecta aos ecosistemas (exp. as aves e tortugas mariñas desoriéntanse ca luz e poden chegar a morrer) e a observación astronómica e a que máis se ve perxudicada (exp. O gran telescópio de Monte Palomar desapareceu ao non poder ver o ceo).

Calquera tipo de fonte artificial implica contaminación lumínica. Pero as fontes máis perxudiciais son as luces que se transmiten de maneira horizontal e para os astrónomos as de ton azul que fan reducir o contraste do fondo do ceo impedindo a observación.
A única forma de solucionar isto é mediante a implicación política e a conciencia cívica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario