jueves, 22 de noviembre de 2012

Nixeria,afectada pola contaminación

O petróleo segue tendo consecuencias negativas en moitos países do mundo.
Nun pobo de Nixeria atopáronse xacementos de petróleo  que a multinaconal angloholandesa Shell leva explotando durante moitos anos, isto impediu que os habitantes do pobo finalizasen a súa descolonización.

Por fin na actualidade, catro pescadores nixerianos conseguiron que se investigara o seu caso.
Fai un ano a ONU publicou un informe, que será de gran utilidade para o xuízo establecido contra a multinacional Shell, nel amósansenos os seguintes datos :

  • O río Nixer situado o lado da explotación petroleira sufre unha gran contaminación que levara moito tempo e moitos cartos para conseguir eliminala.
  •  A auga potable está contaminada
  • Os solos xa non son fértiles
  • Non hai pesca
  • E por último as enfermidades son habituais



As tribus da zona levan décadas protestando sobre estes aspectos negativos que trouxo con sigo a explotación destes xacementos, esperase que agora obteñan vos resultados.


Para coñecer máis información consulte está páxina : http://elpais.com/elpais/2012/10/14/opinion/1350240946_351125.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario